Mulleres Salvaxes. Ciclo de encontros para recordar |Outubro 2020-xuño 2021

MULLERES SALVAXES. CICLO DE ENCONTROS PARA RECORDAR |Outubro 2020-xuño 2021

LUGAR: entornos naturais de Irixoa, Aranga, Coirós…

Moitas mulleres vimos sentindo nos últimos tempos a necesidade de reconectarnos coa Natureza, de camiñar descalzas, de ulir a Terra, de danzar ao Sol e cantarlle á Lúa, de bañarnos núas, de escoitar a nosa intución, de rachar co que nos contaron e que nos limita, en definitiva, de permitirnos Ser.

Se ti tamén sintes isto quizáis é que a túa muller salvaxe está querendo sair.

Nestes encontros, que se celebrarán un venres ao mes, buscamos reconectar con esa parte de nós que está pulsando por manifestarse. Esa que está atrapada entre os condicionamentos sociais, os patróns transxeracionais, os medos e as historias que nos contaron e nos contamos. E que mellor que facelo en conexión coa nosa Nai Terra e en Tribo, nun espazo de intimidade e de unión con outras mulleres. Espazo que nos permitirá irnos relacionando cada vez máis cos homes, coa Natureza e con tódolos seres vivos dende o equilibrio, a consciencia e o amor.

Este é o noso programa de talleres, un proceso que durará 9 meses:

23 de OUTUBRO: Conexión cos 4 elementos (NAIARA)

Terra o meu corpo, auga a miña sangue, aire o meu alento e lume o meu espírito. Estamos feitas destes catro elementos ao igual que a Natureza. Observalos en nós, honralos e manternos conectadas a eles nos aportará o equilibrio necesario para atoparnos no noso centro. Este taller suporá un achegamento a través da experimentación, do movemento e dunha ferramenta maravillosa de autocoñecemento e transformación: a roda de mediciña.

20 de NOVEMBRO: Habitando o noso corpo (NAIARA)

A través da da escoita do corpo, do movemento consciente, da danza, e do contacto coas demais habitaremos o noso corpo dende o pracer de sentirnos, de expresar, de xogar e de compartir. Utilizaremos ferramentas da Biodanza, da Atención Plena e do ioga integral, como medios para chegar a esta conexión sempre dende o disfrute e o autociodado.

11 de DECEMBRO: A Muller e os seus Ciclos (ADRIANA)

A partir da primeira menstruación, a muller vive dentro dunha espiral na cal as catro fases do seu ciclo -preovulatoria, ovulatoria, premenstrual e menstrual- deixan saír tamén forzas psicolóxicas e emocionais, chamadas arquetipos. Toda muller require coñecer a fondo cada arquetipo, -doncela, nai, feiticeira, sabia- e estar ao tanto do seu ciclo, para saber vivir ao ritmo do seu corpo e aproveitar os agasallos que trae cada fase, unha tarefa nada fácil nunha sociedade patriarcal. Taller teórico práctico de autocoñecemento feminino.

15 de XANEIRO: MAXIA RITUAL. Unha conexión co sutil (REME)

Dende moi antigo, ritos e rituais acompañaron aos seres humáns nas diferentes sociedades e tribus. Hoxe en día, debido á desconexión da Natureza, eses rituais fóronse transformando ou perdendo.
Neste módulo buscamos reconectar con esta sacralidade do ritual en cada ámbito da nosa vida, pois estes axúdannos a engarzarnos con nós mesmas e coa nosa comunidade aportándonos unha sensación de pertenza á tribu, á Naturaleza e ao Universo. Así, aprenderemos a xerar altares, pintura sacra, rituais de protección, sementeira da Lúa…, recuperando así esta parte do coñecemento sacro feminino, ese poder que habita en todas e cada unha das mulleres.

19 de FEBREIRO: O espertar da nosa sabedoría interior (NAIARA)

Dentro de nós están todas as respostas, tan so temos que colocarnos en disposición de escoitalas. Neste taller iniciaremos un camiño para atravesar esa néboa que nos impide recibir con claridade o que a nosa guía interna nos di. Xogaremos coa nosa intuición, practicaremos exercicios para favorecer a conexión interior e a meditación nunha viaxe cara á nosa escoita máis profunda.

12 de MARZO: As túas Ancestras e Ti (ADRIANA)

O ADN que forma o teu corpo é tamén o código xenético da túa nai, as túas avoas, bisavoas e así en moitas xeracións cara atrás. As vivencias, alegrías, penas, forzas e bloqueos de todas as antecesoras da túa liñaxe feminina atópanse en ti e maniféstanse tanto en bendicións coma no inconsciente colectivo da túa familia, axudándoche ás veces, e outras facéndoche repetir erros e dores de grupo. O recoñecemento e sanación das túas devanceiras provoca un equilibrio interior patente para ti, para a túa contorna e para as mulleres que virán a partir de ti.

23 de ABRIL: Sexualidade Sagrada para mulleres (ERICA)

¿E se recordasemos que a enerxia sexual é a máis poderosa que temos? ¿E se comprendesemos que vai mais alá do xenital e do encontro sexual? ¿Como sería a nosa vida se vivísemos enchufadas a ela, deixando que impreganara cada célula do noso corpo? Explorarnos dende a inmensidade da enerxía sexual-creativa é recordarnos en constante conexión coa vida. Durante este encontro, crearemos un espacio íntimo e de autocoidado, no cal re-aprendamos o autocultivo desta enerxía para con nós mesmas. A través de diferentes prácticas de movemento, respiración, contacto consciente… xeraremos a activación desta enerxía, que é unha gran vía de consciencia para vivir plenamente como mulleres libres, creativas, gozosas, poderosas e expansivamente vivas.

21 de MAIO BOTICA MESTRA. A maxia das prantas (REME)

Dende a Prehistoria, as nosas antergas empregaban as prantas para tratar toda clase de enfermidades. Sen embargo, a medida que a ciencia foi avanzando, esa sabidoría popular foise perdendo á vez que perdíamos o poder da autoxestión da nosa saúde.
Neste módulo, imos recoñecer plantas-menciña e aromáticas da nosa contorna e os seus beneficios, as formas de recolleita, seca e, na parte alquímica, elaboraremos diferentes preparados mediante receitas moi sinxelas. Achegarse ás prantas, coñecelas, comunicar con elas mediante o diálogo…, é espertar esa parte durmida de Meiga Herbal que viaxa no sangue de cada muller.

Finais de XUÑO TALLER FINAL que será dun día enteiro.

Pola mañá Naiara facilitará o taller «Celebración con cantos e ritmos da tribo». Dende o principio dos tempos o ritmo e o canto acompañaron ás persoas no seu cotián: no campo traballábase a terra cantando; as mulleres cantábamos mentres cosíamos xuntas; a música e a danza formaban parte dos rituais das comunidades e das celebracións, etc. A música é por tanto, unha forma de expresión, un canal de trasmisión da historia, da sabedoría popular, dos acontecementos e dos lugares e tamén un nexo de unión entre as persoas. Convidarémoste a reconectar con esas voces que hai en ti, con ese pulso da Vida que te habita e a festexar xuntas esta fin de ciclo ao ritmo do corazón.
Pola tarde ceremonia de peche final

ACOMPAÑAN:

NAIARA GONZÁLEZ FONTENLA: viña do mundo da Educación social e Psicoterapia e tras formarse en Constelacións Familiares; Ioga Integral; Biodanza; Reiki e Terapias enerxéticas; Rexistros Akáshicos… foi mudando o seu xeito de acompañar ás persoas, descubrindo que a forza da Vida sempre está dispoñible para axudarnos a volver a nós. Vai integrando as diferentes técnicas coa súa propia esencia e intuición, deixando que o que teña que ocorrer ocorra a través dela e non realizado por ela. Dende aí, facilita encontros de mulleres e mixtos, sesións grupais e individuais de transformación e sanación a través da conexión coa Natureza e coa nosa sabedoría interior, do movemento, a respiración, a danza, a vibración e o canto canalizado.

REME P.BARBAZÁN: Dende cativa estivo ligada á Natureza; medrou rodeada dela e a sentía moi próxima. Cambios vitais afastaron os seus camiños e a desconectaron dela. Tras un longo percorrido, hai uns 10 anos voltou a sentir a súa chamada e todo veu dado: Quiromasaxe, Osteopatía estructural, Terapia Craneosacral, Moon Mother Avanzada, Gardiá do Rito 13 Munay Ki, Masaxe Axurvédico, distintos tipos de Reiki, técnicas chamánicas, Herbeira tradicional con proxecto de produtos propios, aprendiz de meiga celta e maxia en outras culturas… Son algunhas das ferramentas que lle axudan persoalmente e coas que acompaña a outros seres. Tamén imparte obradoiros de achega á sombra, achega ao masaxe, Reiki das Fadas, recoñecento de prantas, remedios naturais e cosmética consciente, musico-sensoriais e de meditación para adult@s e cativ@s, círculos de mulleres e mixtos…

ADRIANA CORTÉS PINZÓN: Moon Mother Avanzada e mentora de Bendición del Útero. Dende 2012 está a dedicación exclusiva das terapias individuais, círculos de mulleres e talleres en feminino (“Relación Nai-filla”, “Menopausia e Muller Salvaxe”, “Muller Circular”, “Sanación do Aborto”) para apoialas na súa sanación e empoderamento. Formada con Miranda Gray (Luna Roja), Marianna Doña Loba (Arboleda de Gaia) e as avoas Margarita e Patricia. É tamén mestra de Reiki, comunicadora social e coach.

ERICA M. FALCÓN DELGADO. Apaixonada do universo femenino, centra o seu proceso persoal e a súa labor como terapeuta holística no despertar do feminino e o seu equilibrio co masculino dende 2010. Dende entón, ofrece diferentes espacios de alquimia interna de forma presencial en España (habitualmente en Galicia). Formada en Respiración ovárica e alquimia femenina, Terapia menstrual, Taoismo, Tantra, Ayurveda, Ovo yoni, Sexualidade Sagrada, Guía de circulos, Arquetipos femeninos, Doula… En 2017, crea Femenino Integral, unha comunidade online de crecemento, transformación e sanación.

+ INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: 659.553.938 (Naiara)

HORARIO: venres de 17:00 a 20:30

APORTACIÓN: 30 €/mes si se paga mensualmente e 50 € o último día completo ou 250 € si se fai un único pago por adiantado

**Non se poderá asistir a encontros soltos, pois trátase dun proceso no que o grupo ten un papel moi importante.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: